Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante iste curso. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Agardamos que vos guste e non esquezades deixar os vosos comentarios. Vémonos!! 👀👋🏽
viernes, 22 de junio de 2018
FEIRA MEDIEVAL
FELIZ VERÁN!!!!!
O curso chegou ao seu fin. Estou moi orgullosa do traballo que fixestes todos vós e do moito que avanzáchedes este curso. O esforzo sempre paga a pena!!
Agora toca durmir moito, descansar, xogar cos amig@s, ir á praia, desfrutar do tempo libre coa familia e, por que non, aburrirse un poco que de cando en vez tamén é necesario. Pero para aqueles aos que non lles gusta aburrirse durante moito tempo, vos deixo diferentes ideas e opcións interesantes.
Non esquezas que unha das mellores opcións para o verán é sumerxirvos nas marabillosas aventuras que vos ofrecen as novelas coas que podedes viaxar coa imaxinación a mundos moi variados.
FELIZ VERÁN!!!!!!!!!!!

jueves, 14 de junio de 2018
CONVIVENCIA FIN DE CURSO
Como remate de curso, e para pechar o PDI da Idade Media, fixemos unha visita á vila medieval de Pontedeume, moi ligada á nosa pola familia dos Andrade. Fixemos unha pequena ruta polas estreitas e medievais rúas, buscando escudos e blasóns, restos da antiga muralla, identificando símbolos da familia dos Andrade.... Entramos ao Torreón onde nos contaron interesantísimas historias sobre o pazo dos Andrade, a ponte medieval, o castelo...
Xogamos nos xardíns de Lombardero e despois de comer no cole (o clima non nos permitiu facelo nas Fragas) subimos a visitar o mosteiro de Caaveiro. Canta historia hai encerrada nesas pedras. Puxémonos no lugar dos monxes que un día habitaron ese lugar.... cantas sensacións.
Tamén tivemos tempo para xogar e charlar cos compañeiros e cos profes.
A continuación podedes ver toda esta historia en imaxes. Que ben o pasamos!!!!!!

lunes, 4 de junio de 2018
NATURAIS: PROXECTO DE XERMINACIÓN DE SEMENTES
As plantas poden reproducirse de dúas maneiras: reproducción sexual, coa formación de sementes das que nacerá unha nova planta; ou reproducción asexual, mediante cortes.
Nas clases de ciencias naturais estivemos a traballar nun proxecto de xerminación de sementes. Ademais elaboramos un diario de observación e sacamos conclusións en canto ás necesidades que teñen de luz e de auga para a xerminación e o crecemento. Reproduxemos tamén tres plantas con cachos doutras. Este é o noso traballo en imaxes.
PDI A IDADE MEDIA: CALENDARIO AGRÍCOLA
A igrexa de Santa María do Azougue de Betanzos, de estilo gótico, foi edificada entre a segunda metade do século XIV e a primeira do século XVI por obra de Fernán Pérez de Andrade, "O Bo" e o seu sucesor, Fernán Pérez, "O Mozo", sobre un templo máis antigo de época románica.
Na nave dereita, xunto á capela absidial, aparece unha columna cun capitel no que se representa un calendario agrícola. Polas súas características é único, xa que a maioría dos calendarios agrícolas medievais aparecen pintados ou esculpidos en frisos, pero nunca nun capitel.
Na clase imos elaborar un bonito libro sobre este calendario grazas á información consultada de Antonio García Omedes, Horacio Vázquez Fariña, Carmen Manso e Manuel Castiñeiras e Alfredo Erias Martínez.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)