E para repasar divisións e repartos aquí vos deixo algúns xogos
Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante iste curso. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Agardamos que vos guste e non esquezades deixar os vosos comentarios. Vémonos!! 👀👋🏽
jueves, 22 de marzo de 2018
MONEY, MONEY
Con estes exercicios podedes practicar coas monedas e billetes. E logo, se manexades ben os cartos, xa podedes ir de compras ao super coa vosa familia!!!
MEDIDAS DE TEMPO
sábado, 17 de marzo de 2018
ACENTUACIÓN
Unha das maiores dificultades que ten aprender a escribir ben é a acentuación. Pero non vos preocupedes que, se practicades moito, chega un momento en que sae só, e xa non o esquecedes nunca máis. Se facedes estes exercicios de cando en vez, aprenderedes xogando. A divertirse!!!
viernes, 16 de marzo de 2018
NATURAIS. OS ANIMAIS
Adentrámonos no apaixoante mundo animal. Déixovos uns cantos vídeos para que aprendades un pouquiño máis.
miércoles, 14 de marzo de 2018
STEPHEN HAWKING
Hoxe despertámonos coa triste noticia do pasamento de Stephen Hawking, probablemente unha das mentes máis brillantes que coñecimos. Foi un físico teórico, astrofísico, cosmólogo e divulgador científico británico.
Revolucionou a física coas súas teorías do espazo-tempo, o big bang, e a radiación emitida polos buratos negros do espazo que reflexou na súa obra "Breve Historia do tempo" , gran éxito mundial con máis de 25 millóns de exemplares vendidos.
Para aqueles aos que vos interese a súa divulgación científica, escribiu, xunto coa súa filla, diversos libros para nenos nos que trataba de explicar, de forma asequible, as súas teorías.
Revolucionou a física coas súas teorías do espazo-tempo, o big bang, e a radiación emitida polos buratos negros do espazo que reflexou na súa obra "Breve Historia do tempo" , gran éxito mundial con máis de 25 millóns de exemplares vendidos.
Para aqueles aos que vos interese a súa divulgación científica, escribiu, xunto coa súa filla, diversos libros para nenos nos que trataba de explicar, de forma asequible, as súas teorías.
lunes, 12 de marzo de 2018
PALABRAS, PALABRAS, PALABRAS. SÍLABA TÓNICA
Xa sabemos o difícil que é aprender a acentuar ben. Imos empezar amodiño e con sentidiño. O primeiro é identificar ben as sílabas tónicas. Así que veña, a xogar coas sílabas!!
domingo, 11 de marzo de 2018
GABRIEL
Hoxe todos os MOUCHOS do noso bosque queremos ser PEIXIÑOS para lembrar a Gabriel, un neno de oito anos, coma nós, que xa non pode nadar.
jueves, 8 de marzo de 2018
8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Vós sodes o noso futuro, así que na nosa escola educamos e medramos en igualdade, non só hoxe senon todos os días do ano. Aqui vos deixo unhas entradas sobre as que logo falaremos e debatiremos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)