Que si, que si, que si,...... que o entroido xa está aqui!!!!!!!!! Traballamos moito nos nosos códices como os bos monxes medievais que somos. Ollade as nosas obras de arte.
Ola a tod@s! Benvid@s a esta nova aventura escolar. Neste espazo irémonos atopando durante iste curso. Compartiremos experiencias, traballos, actividades, curiosidades..., e amosarémosllas a todos aqueles que queiran asomarse á nosa xanela. Agardamos que vos guste e non esquezades deixar os vosos comentarios. Vémonos!! 👀👋🏽
lunes, 12 de febrero de 2018
SOBRADO DOS MONXES
Como parte do noso Proxecto Documental Integrado sobre a Idade Media, e dado que este ano polo entroido imos ir disfrazados de monxes, o pasado 2 de febreiro visitamos o mosteiro de Sobrado dos Monxes.
O mosteiro atópase no Camiño Norte de Santiago, o que fixo que fose moi importante na economía da zona pois está tan só a 70 kilómetros da tumba do Apóstolo Santiago. A historia deste mosteiro pódese remontar, segundo algúns investigadores a épocas remotas, alá polo século V ou VI. De todas maneiras, a primeira documentación que temos data do século X.Como outros moitos mosteiros ten o seu auxe no século XII, sendo centro importante de producción especializada en sectores como o viño, o sal e o trigo. Preto do mosteiro atópase a Lagoa de Sobrado, de orixe artificial debido á construcción, no século XV dunha represa que embalsa as augas de diversos regatos. Hoxe en día o mosteiro está habitado por monxes benedictinos que se encargan de diversas tareas de reconstrucción. Ademáis é albergue de peregrinos e hospedería. Recibiunos un monxe moi amable que nos explicou moitísimas cousas sobre os edificios e a súa historia e respondeu a todas as nosa preguntas.

viernes, 9 de febrero de 2018
NATURAIS.OS SENTIDOS
Traballando en equipo aprendemos moitas cousas sobre o tema dos sentidos. Buscamos e analizamos a información, puxémola en común, debatimos e chegamos a decisións sobre o deseño e o contido, repartimos tarefas, elaboramos o mural e, finalmente, preparamos unha exposición dos nosos traballos aos compañeiros. Gustounos moito esta forma de estudar porque non todo van ser fichas e controis!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)