lunes, 15 de enero de 2018

CANADÁ

Como todos sabedes, entre os meses de setembro e outubro do 2017 participei nun programa de formación de profesorado en Canadá, o programa PIALE da Xunta de Galicia.Consistiu nun mes de formación nun colexio de primaria en Ottawa mentras estaba aloxada en casa dunha familia canadiense. Foi unha experiencia extraordinaria, moi positiva e moi valiosa tanto a nivel pedagóxico como lingüístico. Ademáis de aprender moitos trucos e estratexias que xa estou a aplicar na aula e de elaborar unha programación didáctica de matemáticas en inglés para 3º, tamén elaborei unha presentación sobre os aspectos máis relevantes de Canadá e o seu sistema educativo, así como un video resumen con algunhas das "miles" de fotos que trouxen de alí. 
Como parte dese programa, temos que facer unha difusión da nosa experiencia, e que mellor maneira de facelo que colgalo no blogue da clase e páxina web do cole para que chegue ao máximo número posible de membros da nosa comunidade educativa. Espero que o desfrutedes e para calquera información que queirades sobre o programa non dubidedes en poñervos en contacto conmigo.



CANADÁ from Natalia Ucha on Vimeo.

1 comentario: