lunes, 29 de enero de 2018

O DÍA DA PAZ



Como todos sabedes, o 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. No Vales imos escribir os nosos desexos de Paz cun lápis máxico, como Malala, e intercambialos con outros alumnos do centro. Queremos que todos os nosos desexos de Paz se cumplan e traballaremos día a día para conseguilo.

Aquí vos deixo unha serie de recursos sobre a Paz. O meu desexo é que mañá, 30 de xaneiro, e todos os días que virán despois, sexan días de Paz.
Resultado de imagen de lapiz magico de malala 


Resultado de imagen de paz

Cancións para a Paz





lunes, 22 de enero de 2018

PDI: IDADE MEDIA

Seguimos a investigar e traballar sobre a Idade Media. E por se botábades en falta algo de información, a profe Carmen Bello elaborou esta presentación da que podemos aprender moitas outras cousas.


Tamén vos deixo un enlace a unha presentación elaborada no colexio CP Poeta Juan Ochoa de Avilés, Asturias e da que tamén podemos extraer información interesante. Ímonos facer expertos!!!

Caballeros y Castillos

lunes, 15 de enero de 2018

CANADÁ

Como todos sabedes, entre os meses de setembro e outubro do 2017 participei nun programa de formación de profesorado en Canadá, o programa PIALE da Xunta de Galicia.Consistiu nun mes de formación nun colexio de primaria en Ottawa mentras estaba aloxada en casa dunha familia canadiense. Foi unha experiencia extraordinaria, moi positiva e moi valiosa tanto a nivel pedagóxico como lingüístico. Ademáis de aprender moitos trucos e estratexias que xa estou a aplicar na aula e de elaborar unha programación didáctica de matemáticas en inglés para 3º, tamén elaborei unha presentación sobre os aspectos máis relevantes de Canadá e o seu sistema educativo, así como un video resumen con algunhas das "miles" de fotos que trouxen de alí. 
Como parte dese programa, temos que facer unha difusión da nosa experiencia, e que mellor maneira de facelo que colgalo no blogue da clase e páxina web do cole para que chegue ao máximo número posible de membros da nosa comunidade educativa. Espero que o desfrutedes e para calquera información que queirades sobre o programa non dubidedes en poñervos en contacto conmigo.



CANADÁ from Natalia Ucha on Vimeo.

martes, 9 de enero de 2018

NADAL 2017

Estas son algunhas das actividades que levamos a cabo para celebrar a chegada das vacacións de Nadal: postais feitas con tapóns reciclados que elaboramos para intercambiar con outros compañeiros de 3º, Frosty the Snowman feito de plastilina e entrega das cartas que escribimos aos Reis Magos de Oriente!