viernes, 23 de noviembre de 2018

BETANZOS EN NEGRO

Dende o CEIP Vales Villamarín sumámonos á campaña do Concello de Betanzos en contra da violencia de xénero e o maltrato ás mulleres. Queremos contribuír a concienciar ás novas xeracións para que non só saiban identificar e rexeitar comportamentos violentos de xénero senon, sobre todo, crear unha sociedade chea de valores como igualdade, solidariedade, respecto, comprensión, colaboración... na que TODOS E TODAS poidamos vivir en paz.

Para conmemorar este día traballaremos nas aulas eses valores e cantaremos estas cancións que teñen bonitas mensaxes contra o machismo, dende dous diferentes puntos de vista. Cantamos xunt@s?



martes, 20 de noviembre de 2018

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO NEN@


Hoxe, como cada 20 de novembro conmemoramos o día Mundial dos Dereitos do nen@. É un día de celebración, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre os máis pequenos e concienciar ás persoas da importancia de involucrarnos no seu benestar e desenvolvemento. Non está de máis lembrar que, por desgraza, aínda quedan moitos lugares no mundo nos que non se respetan estes dereitos.
 Felicidades a tod@s no voso día!!!

E para quen lle apeteza cantar......

lunes, 29 de octubre de 2018

O SAMAÍN!!

Noite de trebón, de meigas e pantasmas, de espíritos, cabazas, contos e castañas. Queredes cantar un pouco para escorrentar o medo? Pois aquí vos deixo unhas cancións..... ha,ha,ha,ha,ha..!!!!!!!




E para os máis valentes, podedes escoitar estes contos.....

martes, 9 de octubre de 2018

SOCIAIS:O TEMPO ATMOSFÉRICO

A temperatura, a humidade, o vento, a presión, as nubes...... Cando rematemos este tema seremos expertos metereólogos!!



E para expertos investigadores aquí vos deixo un interesantísimo enlace no que se pode buscar moitísima información!!!
Resultado de imagen de NASA

MATEMÁTICAS:UNHA DE ROMANOS

Que listos eran estes romanos!!! Aqui vos deixo uns xogos para practicar os números tal e como eles os facían.





Resultado de imagen de numeros romanos         Resultado de imagen de romano

martes, 25 de septiembre de 2018

NATURAIS. AS PLANTAS

Comezamos unha nova aventura na natureza investigando e aprendendo un pouquiño máis sobre as plantas. Alá imos!!

Galego: O ABECEDARIO

Son 23 letras moi xeitosiñas. Ben combinadas, con agarimo e disposición, forman unha lingua moi expresiva e rebuldeira. Cal é a túa combinación favorita?

Aprende as letras e logo xúntaas para formar palabras. Adiante!!



martes, 11 de septiembre de 2018

MATERIAL ESCOLAR PARA OS MOUCHOS DE 4º


Resultado de imagen de el principitoResultado de imagen de DIBUJOS BUHOS LEYENDO

      MATERIAL FUNXIBLE (para uso en todas as asignaturas)
  • 1 caixa de panos de papel
  • 1 bolígrafo azul e outro vermello
  • 3 lapis do nº 2
  • 3 gomas de borrar “normais”
  • 2 barras de pegamento
  • 1 afilalapis
  • 3 cadernos raiados tamaño folio de espiral
  • 1 caderno cuadriculado tamaño folio de espiral
  • Rotuladores e ceras duras
  • 1 caixa de 12 lapis de cores
  • 1 estoxo grande (non metálico)
  • 1 caixa plástica para as cores, tipo tupper
  • 1 sobre de plástico tamaño folio para gardar fichas
  • 1 xogo de regras (escuadra, cartabón, regra e transportador)
  • 1 compás
  • 10 fundas plásticas.

      MATERIAL DE INGLÉS
  • Caderno do ano pasado
  • 1 carpeta de cartón duro tamaño folio
  • NEW TIGER 4 Activity Book Pack- Ed. Macmillan- ISBN: 9781380011268

      MATERIAL DE MÚSICA:
  • Utilizarán o mesmo material de terceiro:
  • 1 frauta Hohner soprano (de plástico)
  • 1 caderno de música tamaño cuartilla con 4 pentagramas por páxina
  • 1 carpeta arquivadora con fundas plásticas (coas partituras do curso pasado)

      MATERIAL PLÁSTICA:
  • 1 carpeta de cartón tamaño folio
  • 1 caderno de debuxo tamaño folio de espiral
  • 1 caderno de cartolinas de cores
             NOTA: Aproveitade todo o que estea en bo estado do curso pasado.

BENVIDOS AO CURSO 2018-2019

Ola Coruxas e Mouchos!!!!!! Benvid@s ao novo curso escolar. Estou desexando contarvos todas as novidades que temos para este ano!!! Seguiremos vivindo no Bosque dos Mouchos pero nun espazo moi noviño e arregladiño así que teremos que coidalo moito!

Lembrades que o curso pasado viaxamos a Idade Media para investigar sobre as súas damas e cabaleiros, castelos e murallas, lendas de dragóns e princesas, campesiños, artesáns, monxes.....? Pois ben, este curso faremos outra interesantísima viaxe pero esta vez cara ao futuro. Vainos acompañar alguén. Aquí o tedes  na foto, e se queredes, xa podedes empezar a investigar sobre el. Sónavos de algo??? Só vos digo que está nalgún lugar do colexio. Seredes quen de atopalo?

Estou feliz de compartir un ano máis con todos vos. Seguro que o faredes igual de ben ou aínda mellor que o curso pasado e xa veredes como nos imos divertir aprendendo!!!



viernes, 22 de junio de 2018

FEIRA MEDIEVAL


O pasado venres 15 de xuño puxemos o broche final ao traballo de todo un curso sobre a Idade Media. Cada clase profundizou nunha persoaxe desa época, de maneira que o día da feira había exposicións do traballo de cada quen, xogos relacionados cos diferentes persoaxes e obradoiros. Todo o alumnado do centro participou nos xogos e obradoiros dos demáis grupos e atendeu aos que viñan ao seu posto. Ademais de facer un traballo excepcional durante todo o curso, o comportamento dese día foi espectacular . Noraboa a todos polo voso traballo e polo voso saber estar en todo momento!!!

FELIZ VERÁN!!!!!

O curso chegou ao seu fin. Estou moi orgullosa do traballo que fixestes todos vós e do moito que avanzáchedes este curso. O esforzo sempre paga a pena!!
Agora toca durmir moito, descansar, xogar cos amig@s, ir á praia, desfrutar do tempo libre coa familia e, por que non, aburrirse un poco que de cando en vez tamén é necesario. Pero para aqueles aos que non lles gusta aburrirse durante moito tempo, vos deixo diferentes ideas e opcións interesantes. 

  3 Competencia matemática      

13 problemas   Competencia lectora 3

Non esquezas que unha das mellores opcións para o verán é sumerxirvos nas marabillosas aventuras que vos ofrecen as novelas coas que podedes viaxar coa imaxinación a mundos moi variados. 

   



Imagen relacionada
FELIZ VERÁN!!!!!!!!!!!


jueves, 14 de junio de 2018

CONVIVENCIA FIN DE CURSO

Como remate de curso, e para pechar o PDI da Idade Media, fixemos unha visita á vila medieval de Pontedeume, moi ligada á nosa pola familia dos Andrade. Fixemos unha pequena ruta polas estreitas e medievais rúas, buscando escudos e blasóns, restos da antiga muralla, identificando símbolos da familia dos Andrade.... Entramos ao Torreón onde nos contaron interesantísimas historias sobre o pazo dos Andrade, a ponte medieval, o castelo... 
Xogamos nos xardíns de Lombardero e despois de comer no cole (o clima non nos permitiu facelo nas Fragas) subimos a visitar o mosteiro de Caaveiro. Canta historia hai encerrada nesas pedras. Puxémonos no lugar dos monxes que un día habitaron ese lugar.... cantas sensacións.
Tamén tivemos tempo para xogar e charlar cos compañeiros e cos profes. 

A continuación podedes ver toda esta historia en imaxes. Que ben o pasamos!!!!!!

lunes, 4 de junio de 2018

NATURAIS: PROXECTO DE XERMINACIÓN DE SEMENTES

As plantas poden reproducirse de dúas maneiras: reproducción sexual, coa formación de sementes das que nacerá unha nova planta; ou reproducción asexual, mediante cortes.
Nas clases de ciencias naturais estivemos a traballar nun proxecto de xerminación de sementes. Ademais elaboramos un diario de observación e sacamos conclusións en canto ás necesidades que teñen de luz e de auga para a xerminación e o crecemento. Reproduxemos tamén tres plantas con cachos doutras. Este é o noso traballo en imaxes.

PDI A IDADE MEDIA: CALENDARIO AGRÍCOLA


A igrexa de Santa María do Azougue de Betanzos, de estilo gótico, foi edificada entre a segunda metade do século XIV e a primeira do século XVI por obra de Fernán Pérez de Andrade, "O Bo" e o seu sucesor, Fernán Pérez, "O Mozo", sobre un templo máis antigo de época románica. 
Na nave dereita, xunto á capela absidial, aparece unha columna cun capitel no que se representa un calendario agrícola. Polas súas características é único, xa que a maioría dos calendarios agrícolas medievais aparecen pintados ou esculpidos en frisos, pero nunca nun capitel. 
Na clase imos elaborar un bonito libro sobre este calendario grazas á información consultada de Antonio García Omedes, Horacio Vázquez Fariña, Carmen Manso e Manuel Castiñeiras e  Alfredo Erias Martínez.



Resultado de imagen de anuario brigantino 1993                       Resultado de imagen de anuario brigantino 2004

lunes, 14 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018. Mª VICTORIA MORENO


Mª VICTORIA MORENO. A MULLER QUE DURMÍA POUCO E SOÑABA MOITO

María Victoria Moreno Márquez naceu en 1939 na vila cacereña de Valencia de Alcántara. Ao chegar a Galicia, como profesora de instituto, converteuse nunha firme defensora do noso idioma. Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego e chegou a dirixir a Colección Árbore da Editorial Galaxia. Este ano 2018 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras pola seu compromiso coa defensa da nosa lingua e da nosa literatura. María Victoria Moreno é a cuarta muller que se homenaxea nesta celebración dende a súa creación pola Real Academia no ano 1963.

Para aprender máis sobre ela premede nas fotografías e nos distintos enlaces.

Resultado de imagen de Mª Victoria Moreno     Resultado de imagen de VICTORIA MORENO




viernes, 4 de mayo de 2018

jueves, 3 de mayo de 2018

MATEMÁTICAS: MIDE QUE MIDE



Lonxitudes, pesos, capacidades. Se premedes na imaxe tendes un enlace a un blogue estupendo do CEIP Voramar de Alicante no que hay un montón de videos e actividades sobre medidas. A traballar, que xa queda menos!!!!!

Resultado de imagen de medidas

SOCIAIS: O PLANETA TERRA

O universo, as galaxias, os astros......... o planeta Terra!!! Este tema de sociais é moi denso e moi extenso así que procuraremos resumir os contidos máis importantes nestes interesantes vídeos. Seguro que aprendemos moito deles!! 


jueves, 22 de marzo de 2018

DIVISIÓNS

E para repasar divisións e repartos aquí vos deixo algúns xogos

Resultado de imagen de divisiones                      Resultado de imagen de divisiones


                                       Resultado de imagen de divisiones

MONEY, MONEY

Resultado de imagen de eurosResultado de imagen de euros Resultado de imagen de euros

Resultado de imagen de euros   Resultado de imagen de hucha


Con estes exercicios podedes practicar coas monedas e billetes. E logo, se manexades ben os cartos, xa podedes ir de compras ao super coa vosa familia!!!



MEDIDAS DE TEMPO


         

Segundos ou anos, horas ou séculos....Hai moitas maneiras de medir o tempo, e diferentes unidades para facelo. Aquí temos un montón de exercicios para que aprendamos a  viaxar no tempo sen perdernos. Boa viaxe!!!!

            Resultado de imagen de el reloj        
                         Resultado de imagen de reloj    





                             
Resultado de imagen de calendarioResultado de imagen de calendarioResultado de imagen de calendario

sábado, 17 de marzo de 2018

ACENTUACIÓN

Unha das maiores dificultades que ten aprender a escribir ben é a acentuación. Pero non vos preocupedes que, se practicades moito, chega un momento en que sae só, e xa non o esquecedes nunca máis. Se facedes estes exercicios de cando en vez, aprenderedes xogando. A divertirse!!!

            

viernes, 16 de marzo de 2018

NATURAIS. OS ANIMAIS

Adentrámonos no apaixoante mundo animal. Déixovos uns cantos vídeos para que aprendades un pouquiño máis.

miércoles, 14 de marzo de 2018

STEPHEN HAWKING

Hoxe despertámonos coa triste noticia do pasamento de Stephen Hawking, probablemente unha das mentes máis brillantes que coñecimos. Foi un físico teórico, astrofísico, cosmólogo e divulgador científico británico.  
Revolucionou a física coas súas teorías do espazo-tempo, o big bang, e a radiación emitida polos buratos negros do espazo que reflexou na súa obra "Breve Historia do tempo" , gran éxito mundial con máis de 25 millóns de exemplares vendidos.

Para aqueles aos que vos interese a súa divulgación científica, escribiu, xunto coa súa filla, diversos libros para nenos nos que trataba de explicar, de forma asequible, as súas teorías.












lunes, 12 de marzo de 2018

PALABRAS, PALABRAS, PALABRAS. SÍLABA TÓNICA

Xa sabemos o difícil que é aprender a acentuar ben. Imos empezar amodiño e con sentidiño. O primeiro é identificar ben as sílabas tónicas. Así que veña, a xogar coas sílabas!!


domingo, 11 de marzo de 2018

GABRIEL


Hoxe todos os MOUCHOS do noso bosque queremos ser PEIXIÑOS para lembrar a Gabriel, un neno de oito anos, coma nós, que xa non pode nadar.


jueves, 8 de marzo de 2018

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER





Vós sodes o noso futuro, así que na nosa escola educamos e medramos en igualdade, non só hoxe senon todos os días do ano. Aqui vos deixo unhas entradas sobre as que logo falaremos e debatiremos.








lunes, 12 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Que si, que si, que si,...... que o entroido xa está aqui!!!!!!!!! Traballamos moito nos nosos códices como os bos monxes medievais que somos. Ollade as nosas obras de arte.

SOBRADO DOS MONXES

Como parte do noso Proxecto Documental Integrado sobre a Idade Media, e dado que este ano polo entroido imos ir disfrazados de monxes, o pasado 2 de febreiro visitamos o mosteiro de Sobrado dos Monxes.
O mosteiro atópase no Camiño Norte de Santiago, o que fixo que fose moi importante na economía da zona pois está tan só a 70 kilómetros da tumba do Apóstolo Santiago. A historia deste mosteiro pódese remontar, segundo algúns investigadores a épocas remotas, alá polo século V ou VI. De todas maneiras, a primeira documentación que temos data do século X.Como outros moitos mosteiros ten o seu auxe no século XII, sendo centro importante de producción especializada en sectores como o viño, o sal e o trigo. Preto do mosteiro atópase a Lagoa de Sobrado, de orixe artificial debido á construcción, no século XV dunha represa que embalsa as augas de diversos regatos. Hoxe en día o mosteiro está habitado por monxes benedictinos que se encargan de diversas tareas de reconstrucción. Ademáis é albergue de peregrinos e hospedería. Recibiunos un monxe moi amable que nos explicou moitísimas cousas sobre os edificios e a súa historia e respondeu a todas as nosa preguntas.

viernes, 9 de febrero de 2018

NATURAIS.OS SENTIDOS


Traballando en equipo  aprendemos moitas cousas sobre o tema dos sentidos. Buscamos e analizamos a información, puxémola en común, debatimos e chegamos a decisións sobre o deseño e o contido, repartimos tarefas, elaboramos o mural e, finalmente, preparamos unha exposición dos nosos traballos aos compañeiros. Gustounos moito esta forma de estudar porque non todo van ser fichas e controis!!!


lunes, 29 de enero de 2018

O DÍA DA PAZ



Como todos sabedes, o 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. No Vales imos escribir os nosos desexos de Paz cun lápis máxico, como Malala, e intercambialos con outros alumnos do centro. Queremos que todos os nosos desexos de Paz se cumplan e traballaremos día a día para conseguilo.

Aquí vos deixo unha serie de recursos sobre a Paz. O meu desexo é que mañá, 30 de xaneiro, e todos os días que virán despois, sexan días de Paz.
Resultado de imagen de lapiz magico de malala 


Resultado de imagen de paz

Cancións para a Paz