miércoles, 20 de diciembre de 2017

BO NADAL!!!!!


Os Mouchos e as Coruxas de 3º D do Vales Villamarín queren felicitar a toda a comunidade educativa do colexio, e moi especialmente ás súas familias con esta panxoliña. Esperamos que vos guste!!!!!


domingo, 17 de diciembre de 2017

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O NADAL

Dende a biblioteca nos envían este folleto con lecturas recomendadas para este Nadal. Estaría moi ben se na vosa carta a Papá Noel ou aos Reises Magos incluídes un dos libros que aquí aparecen. De seguro que vos encanta!!!!

martes, 5 de diciembre de 2017

NATURAIS: OS SENTIDOS

Oler unha flor, rechupetear un caramelo, acariñar un can, ver un debuxo, escoitar a nosa canción favorita... Todas estas cousas podémolas facer grazas aos sentidos. Eles son os que nos relacionan co exterior. Grazas a eles percibimos e desfrutamos do mundo que nos rodea. Utilízaos ben e desfrútaos!

MULTIPLICACIÓN RÁPIDA PARA EXPERTOS

Agora que xa sabedes ben as táboas, podedes practicar a rapidez con este divertidísimo exercicio. Propóñovos un reto: practicar e practicar ata chegar aos 200 puntos. Quen será quen de facelo?

                                  Resultado de imagen de multiplicación

jueves, 30 de noviembre de 2017

MÜSICA: O KIKIRIKÏ!!!!!!!

Xa queda pouco para o noso festival de cantos de Nadal, e para ir preparándonos aquí vos deixo o enlace ao kikiriki colgado na páxina  de música do Vales. Así podedes practicalo e cantalo cando queirades!!

Resultado de imagen de kikiriki

miércoles, 8 de noviembre de 2017

PDI "MedieVales"

No  CEIP Vales Villamarín somos grandes investigadores e ao longo deste curso iremos desenvolvendo un Proxecto Documental Integrado que nos irá levando a descubrir e aprender moitas caracteríaticas da Idade Media. Fixádevos ben en todos os rincones do cole porque cada pouco andan aparecendo pistas por ahí. Ollade todo o que levamos...


Primeiro foi unha porta                                                                                                                                                  





  Despois apareceu un tesouro soterrado
                                                                        


Cheo de cousas, cando menos, estrañas...

A onde nos leva esa porta? Quen puido deixar ese tesouro ahí? Empezamos a aventura de investigar e descubrir...... Dende a biblioteca nos ofrecen un montón de recursos dixitais. Abre a porta da IMAXINACIÓN e..... a descubrir!!!


Resultado de imagen de idade media


NATURAIS: O CORPO HUMANO

Que tema máis interesante. E cantas cosas sabemos xa sobre el. Pero aínda nos quedan algunhas por aprender. Espero que estes vídeos vos axuden a atopar máis información.



Resultado de imagen de etapas de la vida



martes, 7 de noviembre de 2017

MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS

Dalle ao coco!! Para eses días nos que estás aburrid@ e non sabes qué facer, aquí che deixo un montón de xogos de táboas para que practiques divertíndote. Pásao ben!!!

Resultado de imagen de TABLAS

MULTIPLICA CANTANDO

Agora que xa sabemos o que é multiplicar, imos a cantar as táboas para aprender a facelo máis rápido. Aquí vos deixo as táboas de Miliki: A ver quen as aprende todas!!!!

Resultado de imagen de tabla del 1 Resultado de imagen de tabla del 2 Resultado de imagen de tabla del 3 Resultado de imagen de tabla del 4  Resultado de imagen de tabla del 5  Imagen relacionada
Imagen relacionada  Imagen relacionada  Imagen relacionada

Resultado de imagen de tabla del 5

SOCIAIS: O PASO DO TEMPO

Empezamos o curso cunha apaixoante viaxe pola historia . Aprenderemos a medir o paso do tempo e a representalo. Analizaremos as fontes históricas e faremos un pequeno proxecto histórico persoal. Empezaremos con estes vídeos...




Resultado de imagen de historia

CORUXAS E MOUCHOS


Ola a tod@s!!!!! Estou encantada de que xa esteamos por aquí. O primeiro será coñecer as normas de convivencia do noso bosque. Xa sabedes que non hai nada mellor que un bosque ben organizado. Benvid@s e a desfrutar!!!




     CORUXAS  E  MOUCHOS

NORMAS  DA  CLASE                                                
1. SON  RESPECTUOS@   E   EDUCAD@
A)  Escoito  cando  me  falan e fago o que me din
B)  Pido permisos
C)  Uso  palabras  máxicas:  Perdón, Grazas, Por favor…
  D)  Traballo  sen  molestar
E)  Evito  conflictos
2. SON  CUIDADOS@  E  ORDENAD@
A)  Teño  colocado  todo  o  material
B)  Fago  os meus traballos con orde e limpeza
C)  Coido  das  cousas  propias  e  alleas
D)  Recollo e limpo
3. ESTOU  PREPARAD@
A)  Traio  cada día as tarefas e o material que necesito
B)  Coloco  todo  na  mesa  antes  de  empezar
C)  Concéntrome  na  tarefa  que  vou  realizar
D)  Repaso na casa o que fixen na clase cada día